• bajoinfinitasestrellas

Á espreita na penumbra / Al acecho en la penumbra

(Farei esta publicación nas dúas linguas: a primeira parte será na orixinal na que o libro está escrito e, a continuación, esas mesmas liñas aparecerán en castelán).

(Haré esta publicación en los dos idiomas: la primera parte será en el original en que el libro está escrito y, a continuación, esas mismas líneas aparecerán en castellano).




Autora: María Canosa Blanco

(90 pp) –SOTELO BLANCO EDICIÓNS, 1999

Marc ten 18 anos e vive cos seus pais e a súa irmá Miriam de 8 anos nunha bonita urbanización, con piscina, xardíns e unha vida feliz. Mais, todo iso cambiará dun día para outro por algo que aconteceu anos atrás e deixou unha arrepiante maldición na familia. Do armario do cuarto dos pais, sae unha voz do pasado.

Deciden entón, organizar unha viaxe a París e alonxarse así do pesadelo sen saber que non faría máis que comezar e que... o terror sería anda máis presente e asasino.

Só Robeto e Sabela, os pais de Marc e Miriam, coñecían a historia e... adiantándose ou, se cadra, presaxiando o que ía acontecer, Roberto deixou unha carta escrita dirixida a seu fillo na que lle contaba todo o que anos atrás acontecera:

Hai cousa de cinco anos, cando morreu o avó, Brais, a filla e o xenro viñeran ó enterro. Coñecíannos dende había tempo. A Miriam tíñanlle un especial agarimo dende que fora atendida ó pouco de nacer dunha insuficiencia respiratoria no hospital onde os últimos traballaban.
Ía frío e a xeada cubría aquela tarde-noite. Vivían en localidades diferentes, por iso o matrimonio veu nun coche e Brais con outros parentes. De tal feito que tamén decidiram face-la volta.
Cousas da vida! Marta (a filla de Brais) e o seu home Andrés atrasaron unhas horas o regreso para facernos máis compaña e axudarnos neses momentos. Pasaban das dez da noite cando tomaron rumbo ó seu fogar.
Cambiáronse os papeis por completo, e os que fixemos compaña nun novo enterro fomos túa nai e mais eu. A estrada estaba xeada e saíron do vieiro que os guiaba á casa.
Andrés faleceu no acto, pero Marta aínda agonizou uns días na cama do hospital, debaténdose entre o soño e a realidade.
Foi moi desagradable. Ademais Brais non permitiu que entrásemos no velorio. Non quería vernos. Botábano-la culpa de que morresen. Nunca o entendeu porque non cría no destino.
Díxonos que viría por nós.
(...) Brais foi internado nun centro psiquiátrico, do que logrou escapar despois de reiterados intentos; pero na súa locura emprendeu unha carreira que o fixo esvarar por un acantilado que rematou coa súa desequilibrada vida.
E aínda que pareza incrible, Brais volveu. A súa voz polo menos, que nos perseguiu durante un tempo, amenazándonos con levar consigo á pequena (...) (pp. 32 e 33)

Trala carta coñecemos o motivo da misteriosa voz que persigue á familia e a partires dela, o terrible desenlace. Primeiramente aparecen mortos os pais e, logo de tentar escapar dela protexendo a Miriam, ela tamén desaparece. Sabemos neste punto da historia que Marta, a filla de Brais, estaba embarazada cando morreu e iso fixo que el toleara aínda máis no seu desexo de vinganza.

Angustiosas as derradeiras páxinas nas que vemos a Marc internado nun psiquiátrico, vivindo entre a realidade e a ficción... agardando a morte.

................................................

Foi unha lectura amena, desas que comezas e rematas sen decatarte do tempo que levas entre as súas páxinas. Cun estilo que me lembrou ao cine e cunha mestura entre realidade e un misterio cheo de sombras e intriga.

É a primeira obra que leo de María Canosa Blanco, esta nova escritora nacida en Cee no 1978 e seguramente non sexa a última. O que si quero apuntar é que, dende a miña opinión, non é un libro para maiores de 12 anos como aparece catalogado pola editorial. Penso que o argumento e o xeito no que se desenrola o mesmo, apunta a lectores de máis anos, máis incluso de 18.


................................................


Autora: María Canosa Blanco

(90 pp) –SOTELO BLANCO EDICIÓNS, 1999

Marc tiene 18 años y vive con sus padres y su hermana Miriam de 8 años en una bonita urbanización, con piscina, jardines y una vida feliz. Pero, todo eso cambiará de un día para otro por algo que ocurrió años atrás y dejó una escalofriante maldición en la familia. Del armario de la habitación de los padres, sale una voz del pasado.

Deciden entonces, organizar un viaje a París y alejarse así de la pesadilla sin saber que no haría más que comenzar y que... el terror sería aún más presente y asesino.

Sólo Robeto y Sabela, los padres de Marc y Miriam, conocían la historia y... adelantándose ou, incluso, presagiando lo que iba a ocurrir, Roberto dejó una carta escrita dirigida a su hijo en la que le contaba todo lo que años atrás había ocurrido:

Hace cosa de cinco años, cuando murió el abuelo, Brais, su hija y su yerno habían venido al entierro. Nos conocían desde hacía tiempo. A Miriam le tenían un cariño especial desde que había sido atendida al poco de nacer de una insuficiencia respiratoria en el hospital donde los últimos trabajaban.
Hacía frío y la helada cubría aquella tarde-noche. Vivían en localidades diferentes, por eso el matrimonio vino en un coche y Brais con otros parientes. De tal forma que así también habían decidido  hacer la vuelta.
¡Cosas de la vida! Marta (la hija de Brais) y su marido Andrés atrasaron unas horas el regreso para hacernos más compañía y ayudarnos en esos momentos. Pasaban de las diez de la noche cuando tomaron rumbo a su hogar.
Los papeles se cambiaron por completo, y los que hicimos compañía en un nuevo entierro fuimos tu madre y yo. La carretera estaba helada y se salieron del carril que los guiaba a casa.
Andrés falleció en el acto, pero Marta todavía agonizó unos días en la cama del hospital, debatiéndose entre el sueño y la realidad.
Fue muy desagradable. Además Brais no permitió que entrásemos en el velatorio. No quería vernos. Nos echaba la culpa de que hubiesen muerto. Nunca lo entendió porque no creía en el destino.
Nos dijo que vendría a por nosotros.
(...) Brais fue internado en un centro psiquiátrico, del que logró escapar después de reiterados intentos; pero en su locura emprendió una carrera que lo hizo resbalar por un acantilado que terminó con su desequilibrada vida.
Y aunque parezca increíble, Brais volvió. Su voz por lo menos, que nos persiguió durante un tiempo, amenazándonos con llevar consigo a la pequeña (...) (pp. 32 y 33)

Tras la carta conocemos el motivo de la misteriosa voz que persigue a la familia y a partir de ella, el terrible desenlace. Primeramente aparecen muertos los padres y, después de intentar escapar de ella protegiendo a Miriam, ella también desaparece. Sabemos en este punto de la historia que Marta, la hija de Brais, estaba embarazada cuando murió y eso hizo que él enloqueciera todavía más en su deseo de venganza.

Angustiosas las últimas páginas en las que vemos a Marc internado en un psiquiátrico, viviendo entre la realidad y la ficción... esperando la muerte.

................................................

Fue una lectura amena, de esas que comienzas y terminas sin darte cuenta del tiempo que llevas entre sus páginas. Con un estilo que me recordó al cine y con una mezcla entre realidad y un misterio lleno de sombras e intriga.

Es la primera obra que leo de María Canosa Blanco, esta joven escritora nacida en Cee en el 1978 y seguramente no sea la última. Lo que sí quiero apuntar es que, desde mi opinión, no es un libro para mayores de 12 años como aparece catalogado por la editorial. Pienso que el argumento y la manera en que se desarrolla el mismo, apunta a lectores de más edad, incluso mayores de 18.





13 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo