• bajoinfinitasestrellas

Día das Letras Galegas 2022


(Esta publicación está feita nas dúas linguas de Galicia, primeiramente en galego e a continuación en castelán)


Hoxe 17 de maio conmemoramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS lembrando que na mesma data, pero do ano 1863 vía a luz o libro máis coñecido de Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, co cal se iniciaba a bonita etapa do Rexurdimento para a nosa Literatura.

Este ano o homenaxeado é o poeta Florencio Delgado Guarriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, California, 1987). Foi un autor cuxa vida percorreu case todo o galeguismo do pasado século: participou no Seminario de Estudos Galegos, foi militante no Partido Galeguista, contribuiu ao rexurdimento literario dos anos 30 e incluso na defensa do Estatuto de Autonomía do 36, foi colaborador de Castelao e promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas; ademais de vivir a guerra civil e o exilio.

Del destacan tres actividades: a de poeta, a política pola defensa da democracia durante a guerra civil e a de representante do exilio na súa estadía en México onde formou unha marabillosa rede xunto con outros emigrantes galegos. Estas tres facetas del ven a luz na súa obra, dotando a mesma dun corte social e reivindicativo en constante defensa do seu idioma. Algúns dos títulos máis destacados del son: Bebedeira (1934), Cancioneiro da loita galega (1943) y Galicia Infinda (1963)

Tivemos a marabillosa sorte de asistir hoxe ás 12 horas ao coidado e espectacular acto adicado a este día polo Concello de Miño. Pensado nun primeiro momento para ser celebrado no Parque, trasladouse ao auditorio debido ás condicións climatolóxicas e innegable foi a masiva e entusiasta asistencia ao mesmo.


Unha vez máis aproveito a ocasión para agradecer a @minoturismo a completa atención á rede social e animo a todos a que sigades o perfil pois a actualización inmediata e a comunicación de cada evento, as imaxes cheas de belleza e a información completa, farán que poidades participar de todo o que organiza o Concello. Grazas tamén a ti, Alba... menuda fortuna que coides tanto o Turismo e a Cultura!


Presentado polo Alcalde e a Concelleira de Cultura que tras unas emotivas palabras en referencia ao poeta homenaxeado, deron paso ás primeras actuacións da man dos máis pequenos do grupo folclórico A.C.R.D. O ´Castro, lembrando a todos a ilusión que eses intres supoñían para todos eles, pois debido á pandemia ensaiaban e ensaiaban, pero non houbo lugar ata hoxe para subir a un escenario.


Intercalar as actuacións dos diferentes grupos de pandereteiras, coa dramatización dos poemas de Florencio Delgado na brillante posta en escea de Trémola Teatro e o inesquecible e para min tan emotivo, son das gaitas... encheron todo o auditorio de ilusión, música e tradición.

Que luxo escoitar na doce voz de Lucía Golán a beleza dos versos de Florencio Delgado! Un honor percorrer a súa vida dun xeito tan especial e que tanto transmitiu a todos os alí presentes. E... que gran sorpresa para o meu corazón vela sobre o escenario con tantas tablas, con tanta seguridade, cunha modulación na entoación e expresividade tal, que era imposible non se contaxiar dela! Que fortuna a miña de tela tido coma alumna! Auguro que terá milleiros de éxitos, moitos máis dos que xa está a vivir e infinitas alegrías que a leven ao máis alto da súa vocación. Parabéns e grazas por facerme sentir o orgullo que sentín.

Pezas de incrible beleza tan ben tocadas... e xa no final: o noso Himno interpretado e cantado por todos os alí presentes non puido ser mellor broche para unha mañá tan fermosa e tan chea de Literatura, de Música e Tradición.

Despediu o acto a Concelleira e deu paso a degustación por xentilexa de Bico de Xeado para os que así o quixeran. Inesquecible acto que quero atesourar neste vídeo para telo por sempre preto de min.


Grazas ao Concello e grazas a todos os participantes por manter VIVA A NOSA LINGUA, A NOSA CULTURA e AS NOSAS TRADICIÓNS.

_________________________________


(Esta publicación está hecha en las dos lenguas de Galicia, primeramente en gallego y a continuación en castellano)


Hoy 17 de mayo conmemoramos el DÍA DE LAS LETRAS GALLEGAS recordando que en la misma fecha, pero del año 1863 veía la luz el libro más conocido de Rosalía de Castro: Cantares Gallegos, con el cual se iniciaba la bonita etapa del Rexurdimento para nuestra Literatura.

Este año el homenajeado es el poeta Florencio Delgado Guarriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, California, 1987). Fue un autor cuya vida recorrió casi todo el galleguismo de pasado siglo: participó en el Seminario de Estudios Gallegos, fue militante del Partido Galleguista, contribuyó al resurgimiento literario de los años 30 e incluso en la defensa del Estatuto de Autonomía del 36, fue colaborador de Castelao y promotor de iniciativas editoriales y radiofónicas; además de vivir la guerra civil y el exilio.

De él destacan tres actividades: la de poeta, la política por la defensa de la democracia durante la guerra civil y la de representante del exilio en su estadía en México donde formó una maravillosa red junto a otros emigrantes galegos. Estas tres facetas de él ven la luz en su obra, dotando la misma de un corte social y reivindicativo en constante defensa de su idioma. Algunos de los títulos más destacados de él son: Bebedeira (1934), Cancioneiro da loita galega (1943) y Galicia Infinda (1963).


Tuvimos la maravillosa suerte de asistir hoy a las 12 horas al cuidado y espectacular acto dedicado a este día por el Ayuntamiento de Miño. Pensado en un primer momento para ser celebrado en el Parque, se trasladó al auditorio debido a las condiciones climatológicas e innegable fue la masiva y entusiasta asistencia al mismo.

Una vez más aprovecho la ocasión para agradecer a @minoturismo la completa atención a la red social y animo a todos a que sigáis el perfil pues la actualización inmediata y la comunicación de cada evento, las imágenes llenas de belleza y la información completa, harán que podáis participar de todo lo que organiza el Ayuntamiento. Gracias también a ti, Alba... ¡menuda fortuna que cuides tanto el Turismo y la Cultura!


Presentado por el Alcalde y la Concejal de Cultura que tras unas emotivas palabras en referencia al poeta homenajeado, dieron paso a las primeras actuaciones de la mano de los más pequeños del grupo folclórico A.C.R.D. O ´Castro, recordando a todos la ilusión que esos instantes suponían para todos ellos, pues debido a la pandemia ensayaban y ensayaban, pero no hubo lugar hasta hoy para subir a un escenario.


Intercalar las actuaciones de los diferentes grupos de pandereteras, con la dramatización de los poemas de Florencio Delgado en la brillante puesta en escena de Trémola Teatro y el inolvidable y para mí tan emotivo, sonido de las gaitas... llenaron todo el auditorio de ilusión, música y tradición.

¡Qué lujo escuchar en la dulce voz de Lucía Golán la belleza de los versos de Florencio Delgado! Un honor recorrer su vida de una manera tan especial y que tanto transmitió a todos los allí presentes. Y... ¡qué gran sorpresa para mi corazón verla sobre el escenario con tantas tablas, con tanta seguridad, con una modulación en la entoación y la expresividade tal, que era imposible no contagiarse de ella! Qué fortuna la mía por haberla tenido como alumna!  Auguro que tendrá miles de éxitos, muchos más de los que ya está viviendo e infinitas alegrías que la lleven a lo más alto de su vocación. Felicidades y gracias por hacerme sentir el orgullo que sentí.

Piezas de increíble belleza tan bien tocadas... y ya en el final: nuestro Himno interpretado y cantado por todos los allí presentes on pudo ser mejor broche para una mañana tan hermosa y tan llena de Literatura, de Música y Tradición.

Despidió el acto la Concejal y dio paso a la degustación por gentileza de Bico de Xeado para los que así lo quisieran. Inolvidable acto que quiero atesorar en este vídeo para tenerlo por siempre cerca de mí.


Gracias al Ayuntamiento y gracias a todos los participantes por mantener VIVA NUESTRA LENGUA, NUESTRA CULTURA y NUESTRAS TRADICIONES.







37 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo